martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasO CondadoRouban os sinais da nova ordenación de Ponteareas

Rouban os sinais da nova ordenación de Ponteareas

A Policía Local busca aos vándalos, que poderían enfrontarse a unha pena de prisión.

Os cambios de mobilidade acometidos polo Concello de Ponteareas no entorno do centro de saúde parece que non son do agrado de todos e algúns xa se tomaron a xustiza por conta propia roubando os sinais de tráfico. A Policía Local de Ponteareas xa investiga este acto vandálico, que tivo lugar na noite do xoves ao venres, consistente na subtracción de varios sinais de tráfico instalados o xoves para a nova reordenación do tráfico no entorno do centro de saúde.

Os sinais foron retirados por persoas descoñecidas e ocultadas en varios lugares das inmediacións onde foron localizadas. A Policía Local realiza indagacións para identificar ao autor ou autores desta acción, que constitúe un delito contra a seguridade viaria penado con prisión de seis meses a dous anos de cárcere.

O concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, considerou “lamentábel e intolerábel estes comportamentos” e asegurou que “se investigará para localizar aos autores”. Mera engadiu que “tamén temos detectado comportamentos consistentes en retirar ou modificar a posición de sinais temporais que prohiben estacionar por razón de obras ou eventos o que tamén constitúe unha infracción”. O edil nacionalista advertiu que “non imos consentir que uns poucos desprecen as normas de convivencia e para erradicar estas actitudes inadmisíbeis actuaremos coa máxima contundencia”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS