A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar destinar ata 63.177 euros para que 14 graduados en ciclos medios de Formación Profesional da provincia poidan realizar prácticas laborais en empresas e institucións europeas, facilitando desta maneira a súa inserción laboral. Trátase da primeira mobilidade do programa Erasmus+ 2023, que conta cun orzamento total de 1,4 millóns de euros, dos que o SEPIE (o Servizo Español para a Internacionalización da Educación) aporta 1,2
14 estudantes pontevedreses de FP completan a súa formación no estranxeiro
Son alumnos de Cambados, A Illa de Arousa, Tui, Redondela, Pontevedra e Vilagarcía e realizarán estadías de entre tres e seis meses en Portugal, Italia, Malta, Irlanda e República Checa