martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasLouriñaIníciase o proxecto de supresión do paso a nivel no Porriño

Iníciase o proxecto de supresión do paso a nivel no Porriño

A alcaldesa Eva García vén de autorizar a realización dos ensaios, catas e sondaxes precisos para realizar o estudo xeotécnico

Os traballos a desenvolver, que comezarán a longo deste mes de abril e durarán como máximo dous meses, consistirán en ensaios, catas e sondaxes tanto na vía do tren como nos terreos lindantes e tamén nas estruturas atravesadas polo trazado que poderían terse afectado polo proxecto que se decida.
A rexedora local manifestou hoxe que “é unha nova fantástica xa que é a primeira vez que se chega tan lonxe nesta arela da veciñanza para acadar a eliminación do paso a nivel polo centro do Porriño”.


Nova estación

Segundo a documentación presentada pola empresa adxudicataria do proxecto, contratado por Adif, o obxectivo é determinar a estrutura xeolóxica dos terreos, tanto na área do paso a nivel a suprimir como ao longo dos posibles puntos onde sexa construída a nova estación do ferrocarril, xa sexa ao norte ou ao sur do Porriño.
Actualmente, os redactores do proxecto están a valorar ata seis alternativas diferentes.
O inicio das catas amosa, segundo Eva García, “a normalidade coa que se traballa no Concello pois máis aló do balbordo político, estamos a xestionar con tranquilidade e as cousas avanzan razoablemente ben para transformar Porriño nunha vila moderna e alegre”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS