Ledicia, moita ledicia a da palista de Cangas, Teresa Portela, tras confirmar a súa praza para Toquio. Serán os seus sextos Xogos Olímpicos, a primeira deportistas española en conseguilo.
Teresa Portela:
A piragüista que soña cunha medalla olímpica aos seus 39 anos ratificouse esta mañá no selectivo de Verducido para ser a representante española no K1 200 metros.
Portela impúxose sen dificultade ás outras cinco aspirantes a arrebatarlle a praza, así que só era un trámite ao ser moi superior.
Serán os seus sextos Xogos Olímpicos, unha historia que comezou en Sydney 2000 cando apenas tiña dezanove anos e era un dos novos talentos novos que o piragüismo galego había lanzado ao mundo. Despois veu Atenas 20004, Pequín 2008, Londres 2012 e Río 2016.A vez que estivo máis preto do podio nunhas olimpiadas foi en Londres, a unha décima de lograr o bronce.