viernes, noviembre 22, 2024
InicioActualidadeCulturaNovo impulso ao audiovisual galego

Novo impulso ao audiovisual galego

O presidente do Goberno galego en funcións, Alfonso Rueda, puxo en valor a decisión este xoves do Consello da Xunta de aprobar as bases dunha nova liña de axudas dirixida ao audiovisual galego que contará cun investimento de 200.000 euros.

Son para que entidades privadas da Comunidade organicen laboratorios, incubadoras ou
residencias para “a formación e o asesoramento” tanto na creación como no
desenvolvemento de novos proxectos para cinema e televisión.

Rueda salienta que se suma de xeito extraordinario ao programa de axudas ao sector para
2024, a través do cal a Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e
Universidades investirá máis de 5,8 millóns de euros nas diferentes fases do proceso
audiovisual.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS