Tui vive este ano San Telmo sen luces, sen verbenas e sen procesións. A pandemia obrigou a cancelar as festas patronais, pero o Concello programou unha ampla axenda cultural.
Polas as tardes, ás 17 e ás 19 horas, pasarrúas animado no Paseo da Corredoira; ás 18 horas espectáculo infantil na carpa; e ás 20 horas, cine, teatro ou música no Teatro Municipal. Entre medias, pódese visitar a exposición de estampas anagrámicas do tudense Rafael García Sánchez, unha mostra con case un século de historia. E tamén haberá tempo para escoitar á Banda de Música Popular de Tui e ás charangas A tu ritmo e Cantos Somos na hora do vermú a fin de semana.
Para rematar, o luns, ás 11.30 horas, misa na catedral en honra a San Pedro González Telmo, patrón de Tui, da Diócese DE Tui-Vigo e dos navegantes; e acto de entrega da primeira edición dos premios Cidade de Tui, na que se galardoará ao escultor Silverio Rivas, á Residencia San Telmo e, a título póstumo, a Alberto Estévez Piña. Unha axenda adaptada aos tempos de pandemia, con moitas das actividades coas prazas xa esgotadas.
- Venres, 9 de abril:
Animación circense con “O Circo” polas rúas do Paseo da Corredoira ás 17 e ás 19 horas.
Espectáculo con “Circo-acrobacia” na carpa do Paseo da Corredoira ás 18 horas.
Concerto de Andrea Pousa no Teatro Municipal ás 20 horas.
- Sábado, 10 de abril:
Animación con “Os Velocíclopes” nas rúas do Paseo da Corredoira ás 17 e ás 19 horas.
Comedia e maxia con “O Súper Heroe” na carpa do Paseo da Corredoira ás 18 horas.
Concerto de Mercedes Peón no Teatro Municipal ás 20 horas.
- Domingo, 11 de abril:
Animación circense con “Circo Krasnovarak” nas rúas do Paseo da Corredoira ás 17 e ás 19 horas.
Comedia e maxia con “Novas tolemaxias” na carpa do Paseo da Corredoira ás 18 horas.
Concerto de Víctor Coyote no Teatro Municipal ás 20 horas.
- Luns, 12 de abril
Premios Cidade de Tui no Teatro Municipal ás 13 horas.
Animación circense con “Polis-Tolos” polas rúas do Paseo da Corredoira ás 17 e ás 19 horas.
Música con “Uxía Lambona e a Banda Molona “ na carpa do Paseo da Corredoira ás 18 horas.
Concerto da Banda de Música Popular de Tui no Teatro Municipal ás 20 horas.
**Para todas as actividades celebradas na carpa ou no Teatro Municipal será necesario reservar plaza previamente en tui.gal. Todas son gratuitas, cun aforo de 180 persoas no Teatro Municipal e entre 100 e 120 na carpa da Corredoira.