sábado, noviembre 23, 2024
InicioA terraA nosa culturaA evolución da obra artística de Castelao chega a Tomiño

A evolución da obra artística de Castelao chega a Tomiño

O mercado municipal acolle, ata o 17 de marzo, a exposición ‘Castelao grafista’, unha mostra que reúne facsímiles, debuxos, caricaturas, retratos e portadas de libros ilustradas polo escritor

A mostra reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum ‘Cousas da vida’ de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA, xunto con obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares. Ademais, o público poderá desfrutar de tres retratos fotográficos, catro caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas, ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar dous manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, tres páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e tres debuxos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS