O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a convocatoria para o desenvolvemento de obradoiros duais (máis de 39,1 millóns de euros), mentres mañá venres sairá a de programas mixtos de formación e emprego dirixidos a persoas mozas (case 6,6 millóns).
No caso dos obradoiros duais, prevese beneficiar 1.820 persoas sen emprego a través da realización de 91 accións por parte de concellos ou doutras entidades.
En canto aos programas para menores de 30 anos, a previsión é beneficiar 240 persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil a través de 15 actuacións.
O obxectivo é ofrecer unha formación teórico-práctica para o emprego de calidade, mellorando as oportunidades laborais dos participantes a través da realización de melloras en infraestruturas locais ou de servizos de interese xeral