sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasO Condado-Paradanta segue na loita contra a velutina

O Condado-Paradanta segue na loita contra a velutina

O GDR entrega trampas pao sector vitivinícola e frutícola que participou nas distintas actividades de investigación, recollida de datos, formación e divulgación da campaña “Viño e Froita”

O presidente do GDR Condado Paradanta, Pablo Castillo, o alcalde da Cañiza, Luis Piña, e o xerente do GDR, Paco González, visitaron hoxe a adega Eido da Fonte en Valeixe, A Cañiza, un dos terreos produtivos onde xa se colocan as trampas desta campaña que reúne os principais valores do GDR: cooperación, innovación, compromiso, implicación e proactividade.

Co obxectivo de mitigar os danos producidos por pragas nos sectores vitivinícola e frutícola do Condado Paradanta o GDR entrega as trampas ás e aos produtores que participaron nas distintas actividades de investigación, recollida de datos, formación e divulgación da campaña “Viño e Froita”.

Realizada en colaboración co GDR Mariñas Betanzos e da man da Universidade da Coruña o proxecto promove a ordenación do territorio, o aproveitamento das terras agrarias abandonadas e apoio para reducir o impacto das pragas (Vespa velutina, paxaros e xabaríl) involucrando ao tecido empresarial (adegas, empresas comercializadoras ou transformadoras, produtores…).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS