martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsO PaísGalicia seguirá esixindo máscara para facer deporte individual

Galicia seguirá esixindo máscara para facer deporte individual

A lei de nova normalidade aprobada polo Congreso e publicada no BOE non obriga a usar máscara cando se realice deporte ao aire libre de maneira individual pero Galicia si vai obrigar a facelo en zonas en contacto con outros viandantes ou zona urbana.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo:

Galicia non vai cambiar de criterio. Tal e como publicara no DOG, a Xunta obriga a levar posta a máscara ás persoas que realicen deporte de maneira individual ao aire libre, aínda que na lei estatal aprobada a semana pasada se permita non usar a máscara neses casos.

A Xunta obrígaa en zonas urbanas, ao cruzarse con outras persoas ou en zonas de aglomeracións. Como xa adiantara o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a inicios de semana, non se esixirá, por exemplo, nunha zona forestal sen contacto con outras persoas.

A lei estatal sinala que en espazos exteriores non se esixirá a máscara aos deportistas que se exerciten individualmente. Por iso, a Xunta consultou á súa asesoría xurídica e amparándose na «falla de rigor» desta nova norma, que tamén haberá que modificar para permitir tomar o sol sen máscara, decidiu que Galicia pode seguir esixindo o uso da máscara cando se fai deporte ao aire libre pero compártese o espazo con máis persoas, é dicir, en zonas urbanas ou praias, entre outras casuísticas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS