Mediante esta iniciativa as usuarias de EVD Galicia do centro mosense, localizado na Porteliña, poden coñecer o proceso natural de plantas e alimentos básicos da nosa dieta á vez que se abordan cuestións tan importantes como a sustentabilidade, a reciclaxe e o medio ambiente.
Trátase dunha actividade de terapia ocupacional de xardinería, co que se conseguen entre as usuarias unhas melloras de convivencia considerables
Invernadoiro inclusivo en Mos
Trátase dun proxecto promovido polo departamento municipal de Política Social coa finalidade de fomentar as oportunidades das persoas, a través da igualdade, da formación, da participación, da inclusión e da sensibilización