lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsActualidadeO PP revalida a súa maioría absoluta en Galicia

O PP revalida a súa maioría absoluta en Galicia

O incremento de voto do BNG non foi suficiente para propiciar un cambio

Alfonso Rueda seguirá a ser o presidente da Xunta . Á espera de que se reconte o voto CERA, o Partido Popular conseguiu este 18F 40 deputados, dous máis da cifra que marca a maioría absoluta e dous menos que os acadados nos últimos comicios de xullo de 2020 con Feijóo ao fronte.

O Bloque Nacionalista Galego foi a forza que máis creceu, case 8 puntos máis respecto das eleccións de fai catro anos, pasando de 19 a 25 deputados. Con todo, non promoverán ese cambio tan anunciado durante a campaña dado que a outra única agrupación de esquerdas que logra representación no Parlamento Galego, o PSdG-PSOE baixa de 14 a 9 deputados.

O outro escano que completa os 75 do hemiciclo foi para Democracia Ourensana.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS