Espérase que máis dun milleiro de persoas participen activamente nunha festa que conta con gran tradición na cidade. Máis aló das persoas integrantes das doce comparsas que o martes participaron no desfile-concurso, son moitas outras as que neste día completamente vestidos de loito se suman á comitiva para acompañar ao bacallau.
Son xa moitos os que dende primeira hora da mañá comezan a festa nas rúas de Tui, e participan en xantares protagonizados por pratos de bacallau.
Tui despide o Entroido co Enterro do Bacallau
Será este domingo, con inicio ás 19.30 horas dende a praza de San Fernando para rematar no aparcamento municipal