Besteiro, destacou este último día de campaña que “despois de percorrer 16.000km nas catro provincias galegas durante a última quincena “a mensaxe que estamos mandando os socialistas de máis emprego, máis dereitos e máis ambición de país non fixo máis que confirmarse en cada día de campaña”, apuntou.
O candidato invita aos galegos e ás galegas “ao cambio ilusionante e seguro” que ofrece o Partido Socialista, polo que remarcou que son sinónimo de “estabilidade, de xestionar ben as oportunidades que virán durante os vindeiros anos”.