viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeCorreos admite 58.903 votos para as eleccións do 18F

Correos admite 58.903 votos para as eleccións do 18F

Durante a xornada electoral deste domingo, Correos realizará un despregue loxístico especial no que participarán 2.349 empregados, así como todolos vehículos necesarios para entregar os votos nas mesas electorais de toda Galicia

Este número de votos por correo supon un 19,96% menos que a cifra total de votos admitidos nas anteriores eleccións ao Parlamento galego, celebradas durante a pandemia da Covid. O 12 de xullo de 2020, os 73.595 sufraxios emitidos por correo marcaran un récord histórico nuns comicios autonómicos en Galicia. Sen embargo, son un 36,97% máis que o número de votos por correo rexistrados no proceso homólogo anterior, celebrado o 25 de setembro de 2016 (43.002).

Por provincia de destino o desglose é o seguinte:

A Coruña22.725
Lugo8.758
Ourense8.440
Pontevedra18.980

Correos lembra que o número de soliticitudes admitidas para o voto por correo foi de 62.831.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS