Consciente de promover o benestar ao tempo que se abordan temas de actualidade, o Concello do Rosal xa ten en marcha unha nova edición dos seus ‘Cafés en Igualdade’, que durante os vindeiros meses percorrerán os barrios rosaleiros para afondar de xeito cómodo e distendido sobre temas de interese e de grande actualidade moi diversos.
A cita deste mes correrá da man da traballadora social clínica e psicoterapeuta Beatriz Arroyo, que abordará o tema da soidade, tanto elixida como imposta. Será no Bar Floro, na subida a San Vicente, no barrio de Novás.