Despois de dúas xornadas en ascenso, os casos activos de COVID-19 baixaron na última xornada a 2.185 diagnosticados )-48) e nos hospitais tamén minguaron os ingresados: 145 en planta e 28 en UCI.
Suben e baixan os casos activos en Galicia dentro dunha estabilidade confirmada polo comité clínico, con repuntes nalgúns concellos que outros suavizan. Na última xornada deron positivo en COVID-19 un total de 132 persoas.
Por áreas sanitarias, A Coruña segue á cabeza pero descendendo:
A Coruña: 616 (-33)
Vigo: 600 (-23)
Pontevedra: 283 (+17)
Santiago: 318 (-2)
Lugo: 142 (-3)
Ferrol: 86 (-5)
Ourense: 140 (+1)
Nos hospitais hai 173 persoas ingresadas (-15); delas 145 permanecen en planta (-16), o número máis baixo dende primeiro de setembro. Nas UCI hai 28 pacientes, un máis ca onte.
Na última xornada o Sergas notificou a morte de 3 persoas por coronavirus, o que eleva a cifra de vítimas no que vai de pandemia a 2.363 persoas.