A orde de subvencións, que publica este martes o DOG, tamén favorece o asentamento da poboación moza no rural, con incentivos á compra de ata 10.800 euros
Por segundo ano consecutivo, o Goberno autonómico avalará como máximo o 20% do prezo de adquisición do seu primeiro domicilio no caso dos menores de 36 anos
3,5 millóns de euros en axudas para a compra de vivenda
A Xunta de Galicia ofrecerá subvencións de ata 20.000 euros para mercar inmobles cualificados como de protección autonómica e dun máximo de 15.000 euros para acceder en propiedade a unha vivenda xa construída localizada en centros históricos