A Garda Civil despregará 1.180 axentes e a Policía Nacional, outros 819 axentes. Pola súa banda, a Unidade de Policía Adscrita da Policía Nacional sumará 38 efectivos e, finalmente, os distintos corpos de policía local, 240.
O operativo das Forzas e Corpos de Seguridade permitirá garantir a seguridade nos colexios electorais dende primeira hora da mañá e ata que se faga público o reconto dos votos.
Para facer posible esta cita coas urnas nos 61 municipios da provincia, constituiranse 1.343 mesas distribuídas en 661 locais electorais. Nelas poderán votar os 773.522 electores e electoras residentes na provincia (CER,), do total das 911.704 persoas que compoñen o censo electoral en Pontevedra. As 138.182 persoas restantes son residentes no estranxeiro (CERA)