O vindeiro mes de marzo abrirase a nova edición dos Trens Turísticos de Galicia co Tren da ruta da Camelia posto en marcha entre a Xunta de Galicia, Renfe e o Inorde.
Coincidindo co período de floración da camelia, na ruta visitaranse tres xardíns que contan coa certificación de Excelencia Internacional. En primeiro lugar, o Pazo Quinteiro da Cruz, en Ribadumia, no que florecen máis de 5.000 exemplares de camelias de máis de 1.500 variedades a partir da que elaboran o seu propio té, que os viaxeiros poderán degustar. Tamén se visita o Castelo de Soutomaior, coñecendo o seu xardín de camelias con nomes de muller: Rosalía de Castro, María Casares ou a Bella Otero. Finalmente, o percorrido inclúe o Pazo de Rubiáns, que conta con máis de 800 variedades de camelias e unha finca de albariño, viño que se degustará ao rematar a visita