martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsO PaísMedalla para o legado galeguista da Xeración Nós

Medalla para o legado galeguista da Xeración Nós

A Medalla do Parlamento de Galicia 2021 foi para as fundacións herdeiras da Xeración Nós en recoñecemento aos intelectuais máis relevantes da historia da cultura galega.

Ana Patricia Torres, da Fundación Antón Losada Diéguez:

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta:

O galardón recollérono os representantes da  Fundación Otero Pedrayo, a Fundación Castelao, a Fundación Antón Losada Diéguez e a Fundación Vicente Risco.

O grupo Nós integrado, entre outros, por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Diéguez, Florentino López Cuevillas, Ramón Cabanillas e Castelao,foron  os grandes dinamizadores e creadores galegos, ademais de protagonistas da vida política da súa época. Desempeñaron un papel inidispensable no ámbito cultural, social e político galego entre os anos 1920 e 1936.

O Parlamento de Galicia recuperou así os seus galardóns, que este ano coincide co corenta aniversario da promulgación do actual Estatuto de Autonomía, despois de que quedaran sen celebrar o ano pasado pola covid-19.

O presidente da Fundación Castelao, Carlos Mella, que recolleu unha das Medallas concedidas polo Parlamen  destacou que a Xeración Nós conseguiu un «verdadeiro milagre».

Ese milagre é que cen anos despois «nós os galegos poidamos estar a falar de nós: Galicia, unha nación», dixo, en recoñecemento á débeda con esa xeración de intelectuais ao agradecer o galardón.

Tamén o presidente da Fundación Otero Pedrayo, Juan Luís Saco Cid, manifestou a súa «satisfacción, agradecemento e compromiso» ante este recoñecemento da Cámara galega, que para Ana Patricia Torres Madureira, da Fundación Antón Losada Diéguez, é «un gran máis de area para o recordo e posta en valor» do grupo de intelectuais que «cambiou Galicia».

A presidenta Fundación Vicente Risco, Celia Pereira Porto, dedicou a medalla «a todas as persoas que viven e traballan en galego», ao destacar que son elas as que «dan sentido» á Xeración Nós e «fan que sexa presente e futuro».

Na súa intervención no acto, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo que «a consagración constitucional» do autogoberno galego ten un precedente cen anos atrás na Xeración Nós. «Non é arriscado dicir que Galicia non sería o que é hoxe sen o traballo e esforzo daqueles antepasados que nos marcaron o camiño».

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, dixo que estes galardóns recuperados recoñecen «a semente do cosmopolitismo,  europeísmo e vangarda» que os integrantes da Xeración achegaron á cultura galega fai agora cen anos, «sempre coa lingua como bandeira».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS