sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsActualidadeInvestigados sete menores por acoso escolar en Baiona

Investigados sete menores por acoso escolar en Baiona

A Garda Civil de Baiona investiga a sete rapaces de entre 14 e 16 anos, estudantes dun instituto da comarca do Val Miñor, polo acoso a un alumno do mesmo centro educativo

A investigación comezou trala denuncia interposta polos pais do menor ante a Garda Civil, ao considerar que está sendo vítima de acoso escolar por alumnado do mesmo centro o curso pasado.
Os feitos iniciáronse con burlas e insultos por parte dos autores, vexacións que foron incrementándose ao longo do presente curso cando empezaron a esixirlle que lles entregase pequenas cantidades de diñeiro, chegando a ser agredido fisicamente sen resultar lesionado, ao negarse a facelo.
Por elo, tralas correspondentes xestións encamiñadas ao esclarecemento da denuncia, procédese a investigar a sete menores por presunto delito de trato degradante, coaccións, ameazas e maltrato de obra sen lesión.
As dilixencias instruídas foron remitidas á Fiscalía de Menores de Pontevedra

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS