Trátase dunha iniciativa para que o alumnado da provincia de Pontevedra coñeza a riqueza cultural da colección da Casa- Museo de Rosalía en Padrón, o intenso labor que desenvolve e se achegue á figura e legado da autora.
Os colexios interesados deberán concertar as visitas co Departamento de Educación da Casa-Museo a través do correo fundacion@rosaliadecastro.gal ou do teléfono 981 811 204. Unha vez acordada a cita, terán que presentar a súa solicitude a través da Sede Electrónica da Deputación, con prazo ata o 1 de decembro de 2024, sempre cun mínimo de 20 días naturais de antelación á data de realización.