A investigación iniciouse o pasado mes de novembro, ao ter constancia de que nas proximidades dun instituto de Portonovo se estaba levando a cabo a actividade de tráfico de drogas a pequena escala.
Compróbase que o investigado desprázase, en bicicleta, con regularidade ata ese punto, onde o esperan varios toxicómanos da zona e alí realizan o intercambio de sustancias.
Cun dispositivo en marcha, o pasado día 5, abórdase ao presunto autor cando se dispoñía a realizar un novo intercambio, e se lle interveñen as sustancias estupefacientes que leva dispostas para a venda, neste caso concreto sete doses de heroína.
Por elo, procédese a investigación desta persoa como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, remitindo as actuacións practicadas ao Xulgado de Instrución de Cambados encargado do caso
A Garda Civil intercepta un punto de venda de drogas próximo a un instituto en Portonovo
A Garda Civil de Sanxenxo investiga a un veciño de Poio, de 50 anos, con multitude de antecedentes policiais, ao que se lle incautaron varias doses de heroína.