Partiron desde Ponteareas varios camións ateigados de material para os nenos dos campamentos de refuxiados.
A pandemia impide este ano desenvolver “Vacacións en paz”, un programa de acollida de nenos e nenas procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis durante os meses de verán; polo que a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui puxo en marcha unha caravana solidaria que partiu a pasada semana dende Ponteareas ata o Sahara, un pobo sumido nun conflito bélico.
Varios camións viaxan rumbo aos campos de refuxiados cheos de roupa, calzado, comida, mantas, material escolar, informático e deportivo, e tamén máscaras de protección fronte a COVID.
Na iniciativa, impulsada pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, participaron tamén a Xunta, os Concellos da baisbarra e o Fondo Galego de Cooperación.