O Cruceiro de Fonte da Pedra, lugar emblemático na loita carnavaleira de Castro Barreiro e
A Feira, foi o marco escollido para a presentación da festa de Entroido de Salceda de Caselas. Estes dous barrios levan máis de 130 anos enfrontándose ano tras ano nestas datas, convertendo a Salceda no centro neurálxico do Entroido no sur da provincia de pontevedra.
Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda de Caselas:
Álex Rodríguez, concelleiro de Cultura de Salceda:
Representantes de ámbolos dous barrios acompañaron hoxe ao equipo de goberno na
presentación do evento, facendo público un cartaz no que se reflexa o enfrontamento entre o “castrón” de Castro Barreiro e a “vella” da Feira.
A rivalidade entre os barrios é sen dúbida a cita destacada do Entroido de Salceda, pero non a única.