Un matrimonio octoxenario e o seu fillo faleceron no municipio de Taboadela, na provincia de Ourense, pola inhalación de monóxido de carbono e a Garda Civil investiga se se debeu a un xerador que a familia instalou despois do gran apagón deste luns.
O home e a muller de 80 anos así como o seu fillo de 51 anos aparecen mortos durante esta xoranda na súa casa de Taboadela e todo apunta a que se debeu á combustión dun xerador a gasoil que abastecía á casa familiar logo de que se quedaran sen luz.