As empresas dos polígonos industriais e os autónomos conseguiron, na súa meirande parte, retomar a súa actividade despois de sufrir o primeiro «cero enerxéito» da historia. Trátase do gran apagón que asolou á Península Ibérica e que deixou sen luz eléctrica á cidadanía case 24 horas.
Con todo, empresas do sector do metal como Decoletaxe Denving, que se localiza no polígono industrial do Rebullón, en Mos, retomaron a primeira hora da mañá a súa actividade. Escoita a entrevista completa co xerente, Eloy Durán:
Pola súa banda, os talleres de coche como o de Leirauto, en Salvaterra de Miño, foron recuperando o traballo a medida que volvían as telecomunicacións e a electricidade. Escoita a entrevista completa co xerente, Alberto Penabella: