O gran apagón chegou. Un corte de enexía electrica afecta o sur de Europa, fundamentalmente España, Portugal e Francia. Algunhas cidades xa funcionan con sistema se emerxencia. O apagón produciuse ás 12:30 hora peninsular española e comenzou con unha fugaz perda de intensidade.
A interrupción obrigou a paralizar todo o tráfico ferroviario, afectou ao tráfico aéreo, provocou interrupcións no transporte público e mesmo apagaron os semáforos en moitas zonas. O apagón tamén está a afectar a outras infraestruturas.
Segundo informaron varios madrileños que publicaron nas redes sociais, e confirmaron Metro de Madrid, o metro da capital desaloxou toda a rede, que tamén se viu afectada polo apagón.
«Estamos empezando a recuperar enerxía no norte e sur peninsular, clave para ir atendendo pouco a pouco o subministro eléctrico», afirmou Red Eléctrica ás 13:30 horas nas redes sociais. “É un proceso que supón a energización paulatina da rede de transporte a medida que se van integrando os grupos xeradores”, engaden. «Seguimos traballando para recuperar a subministración», conclúen.
SI RADIO non emitirá ata que se recupere o fluido electrico.