lunes, abril 28, 2025
InicioNewsActualidadePonteareas dá o pistoletazo de saída ao Saborotea

Ponteareas dá o pistoletazo de saída ao Saborotea

O Concello de Ponteareas vén de presentar os once almorzos da segunda edición do Saborotea, unha das iniciativas coa que a concellería de Comercio do Concello de Ponteareas promociona a hostalaría local.

Once almorzos apetitosos e saudables recibirán aos clientes ata o día 1 de xuño. Cada vernes, sábado e domingo ofrecerán almorzos completos a prezos especiais. Dende primeira hora da mañá e ata o mediodía as persoas que desexen comezar o día con enerxía poderán almorzar no Balú, Chiquitita Café, Cortiñas, D´Peyo, Goya, El Regreso, El Rincón del Café, Papelón con Limón, Romi, Troll e Xirope.

Un xurado formado por profesionais de cociña e hostalaría do centro de formación A Cancela visitarán cada un dos locais para avaliar as propostas. Creatividade, servizo, calidade e innovación serán algúns dos aspectos aos que prestarán atención.

Para o público tamén haberá premios, aqueles que proben tres almorzos diferentes poderán concursar no sorteo de agasallos aportados polos locais participantes, así o informou o concelleiro de Comercio, Ricardo González, no acto de presentación.

A alcaldesa, Nava Castro, felicitou a todos os locais participantes que “apostaron forte con suculentas receitas nas que non faltan as froitas, o bo café, os zumes cargados de vitaminas e son exemplo da capacidade que a nosa hostalaría ten para sorprendernos”, sinalou a alcaldesa.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS