viernes, abril 25, 2025
InicioNewsActualidadeVermú de Barrio, a nova proposta de ocio ao aire libre do...

Vermú de Barrio, a nova proposta de ocio ao aire libre do Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán organiza para as vindeiras catro semanas unha nova proposta de ocio ao aire libre. A actividade consiste nunha mestura de boa música en directo e socialización en diferentes localizacións nunha nova proposta cultural bautizada como Vermú de Barrio.

Así, durante estas catro semanas a veciñanza de Nigrán poderá desfrutar deste ciclo de concertos de forma gratuíta. Todos os concertos están proxectados para as 12:30h do medio día.

O primeiro concerto terá lugar o domingo 27 de abril, diante do posto de socorrismo da Praia de Patos da man do grupo Blue Monk.

O vindeiro xoves 1 de maio actuará o grupo Awen na Praza da Biblioteca Municipal de Nigrán.

A vindeira cita será o domingo 4 de maio, na Praza do Concello de Nigrán da man do grupo Groovin Folks.

O grupo Three Roosters actuará o domingo 11 de maio na rúa Argonautas, diante do mural de Lula Goce.

O ciclo rematará o vindeiro domingo 25 de maio da man de San Rockers, na rúa Roman acon Damas Apocalípticas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS