Os feitos ocorreron nunha finca finca do lugar dos Gaios, en Caldelas de Tui. O 112 Galicia tivo constancia do acontecido a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, minutos despois das 22:20 horas da pasada noite do 24 de abril.
Nese momento, xa sinalaban que o condutor estaba atrapado debaixo do vehículo e que podía estar falecido.
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros do Porriño, que se encargaron das tarefas de liberación do corpo do home, por cuxa vida nada puideron facer os profesionais sanitarios.
No operativo participaron, ademais dos servizos sanitarios e os bombeiros, a Garda Civil, a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Tui.