Conta atrás para que comece unha nova edición da Feira do Libro de Galicia. Este venres a literatura tomará as rúas de Ferrol e doce concellos máis acollerán xa as famosas casetas das letras nas que os lectores e as lectoras poderán atopar as novidades editoriais.
Neste contexto, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, explica en Si Radio a importancia do sector do libro. Entrevista completa:
Ademais, a presidente da Federación de Librarías en Galicia, Celio Fernández, explica que un dos principais retos aos que se enfronta o sector é seguir animando aos lectores e ás lectoras a que merquen nas librarías físicas. Entrevista completa: