Setembro dará comezo co xa tradicional Festival da Poesía do Condado, que este ano cumplirá a súa 37ª edición. Así, o venres 5 e sábado 6 de setembro, Salvaterra de Miño acollerá unha vez máis a realización deste festival de acceso libre e gratuíto.
O festival, organizado pola SCD Condado, contará con obradoiros infantís, recitais de poesía, mesa de ideas, feira de artesanato e colectivos, tren chu-chú, visualizacións audiovisuais, futbol gaélito e torneo de billar e chave.
Ademais, tamén haberá concertos entre os que actuarán artistas como Dakidarría, Orquesta Bravú Xangai, Nadie González, Omiri, Hugo Guezeta, ST e Matafame, Xosé Lois Romero e Aliboria, Regueifa Tour, Pauliña, Ameaça de Bombo, Cuarteto Caramuxo e Marqués de Vilapodre.
