Salvaterra de Miño está de aniversario. En concreto, trátase dos mil anos de historia que cumpre esta vila do Condado. A celebración será o próximo 24 de maio, en referencia ao primeiro documento escrito que fai referencia a esta localidade que foi asinado, precisamente, o 24 de maio do ano 991, segundo explican desde o Concello.
Para que a celebración sexa «por todo o alto», a adminsitración local prepara unha xornada de actividades que terán lugar no recinto amurallado, «pensado para todos e para todas», tal e como indican desde o Concello.
Mercado
Neste contexto, a Concellería de Cultura organiza un mercado-exposición onde comercios, artesáns ou asociacións interesados poderán participar deste evento que terá lugar o sábado 24 de maio a partir das 10:00 horas e ata as 15:00 horas.
Ademais, o Concello tamén deseñou actividades dirixidas aos nenos e as nenas con xogos populares, acertixos e probas. A administración local promete «máis sorpresas».
Cómo participar?
Aquelas persoas que estean interesados en participar no mercado-exposición deberán enviar os seus datos á dirección de correo electrónico comunicacion@concellodesalvaterra.org
