martes, abril 22, 2025
InicioNewsActualidadeMos solicita ao Goberno Central a reposición de terras e elevación do...

Mos solicita ao Goberno Central a reposición de terras e elevación do muro no derrubamento da A-55

Á última hora da tarde do pasado sábado 19 de abril, un derrubamento de terras invadiu o carril sentido O Porriño da A55, interrompendo o tráfico durante horas e alarmando á veciñanza das vivendas da zona.

O barro e unha gran cantidade de terra e auga ocuparon o carril de circulación. Ante o sucedido, achegáronse ata o lugar a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, o concelleiro de Urbanismo, José Ramilo, a edil mosense da parroquia de Tameiga e deputada autonómica, Feli Rodríguez, e o arquitecto municipal, Ramón Vega.

Os representantes municipais informaron da remisión dun escrito ao Ministerio de Transportes e Mobilidade respaldado polo pertinente informe técnico, no que se solicita a reposición do corrimento de terras acaecido por mor do derrubamento, así como a elevación do muro de contención existente para evitar novos derrubamentos nun futuro.

A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, advertiu «do perigo que sucesos coma este supoñen para os milleiros de condutores que transitan a diario pola autovía A55» e riterou a súa reclamación de esixirlle ao Goberno central a liberación inmediata da AP9 coa gratuidade do tramo Vigo-O Porriño, «coa que se lograría a conseguinte desviación do tráfico pola devandita autopista».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS