O secretario xeral do PSdeG-PSOE en Pontevedra asegura nunha entrevista en Si Radio que en 2027 van a recuperar a Deputación de Pontevedra, «mellorando ainda máis o seu resultado». O líder socialista provincial lembra que de 900.000 persoas que viven na provincia, 500.000 teñen un alcalde ou alcaldesa socialista. Ademais di que van a traballar por mellorar as listas nas localidades onde non conseguiron os resultados desexados.