lunes, abril 21, 2025
InicioNewsActualidadeA Diócese realizará unha Eucaristía polo falecemento do papa Francisco en Tui...

A Diócese realizará unha Eucaristía polo falecemento do papa Francisco en Tui e Vigo

O papa Francisco faleceu este luns ás 7:35 horas na súa residencia da Casa Santa Marta. Así o anunciou nun video o camarlengo, o cardenal Kevin Joseph Farrel.

Neste video, indicou que «cunha profunda dor teño que anunciar que o papa Francisco faleceu ás 7:35 horas de hoxe, o bispo de Roma volve a casa do pai, a súa vida enteira estiv dedicada ao servizo do Señor e da súa Igrexa e nos ensinou o valor do evanxelio con fidelidade, valor e amor universal e, en maneira particular, a favor dos máis pobres e marxinados» e continuou lembrando a «inmensa gratitude polo seu exemplo como discípulo do Señor Jesús» polo que «recomendamos a alma do papa Francisco ao infinito amor misericordioso de Dios Uno e trino».

Neste contexto, o bispo de Tui, Antonio Valín, vén de remitir unha carta na que anuncia que se celebrará a Eucaristía «polo seu eterno descanso na catedral de Tui e na concatedral de Vigo». En canto á data, apunta que nos próximos días darase a coñece máis detalles.

Declaracións do bispo de Tui, Antonio Valín

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS