Tui abre as inscricións para a Carreira Popular de San Telmo, que se celebrará o sábado 26 de abril, dentro das festas de San Telmo. A actividade está organizada polo Club Atletismo Tui e o Concello de Tui e este ano estará adicada a Xosé Martinez Tato, en recoñecemento ao seu labor como primeiro organizados deste evento deportivo, do que estivo ao fronte ao longo de moistos anos.
A inscrición é gratuíta e pode realizarse na páxina web do Club Atletismo de Tui ate o martes 22 ás 23:00h. Na entrega de dorsais, que terá lugar dende as 9:30h na praza da inmaculada, realizarase a «Operación Quilo«, coa recollida de alimentos non perecedoiros que serán doados a SOS Tomiño-Baixo Miño.
Na Carreira Popular de San Telmo establécense distintas categorías dende os Pitufos, nados en 2020, 21 e 22 e Prebenxamín, Alevin, Infantil, Cadete, Xuvenil-Junior, Senios e Veteranos A e B. Así mesmo, as distancias oscilan dende os 80 metros, dos máis pequenos, aos 6.150 metros das categorías superiores.
A saída, terá lugar no Paseo da Corredoira ás 11:00h para as categorías Xuvenil-Junior, Senios e Veteranos A e B. Ás 12:00h, será a quenda das categorias Cadete e Infantil. Ás 12:15h Alenvín, 12:30h Benxamin, 12:45h Prebenxamín e ás 13:00h os pitufos.
O regulamento da carreira pode consultase na web do Club Atletismo Tui.
