Play-Doc, o festival internacional de Tui, celebrará a súa vixésimo primeira edición do 7 ao 11 de maio de 2025. Este ano, o poco está posto no traballo audiovisual invisible durante décadas do cineasta estadounidense Michael Roemer e o cine indio de carácter rexional, en risco de desaparecer.
Así, Play-Doc prepara a primeira retrospectiva española adicada a Michael Roemer e un recoñecemento ao labor da Film Heritage Foundation (FHF) na preservación do cine indio rexional, cuxas últimas restauracións poderán visualizarse en Play-Doc.
Michael Roemer
Michael Roemer (Berlín, 1928) foi unha das principais voces do cine independente estadounidense do século XX, a pesar de que a súa obra sufriu longos períodos de olvido e indiferencia. Nela, aborda temas complexos e universais cunha mirada única, xa que os seus protagonistas non son heroes convencionais, se non individuos comúns enfrontados a circustancias que os desbordan, e que a pesar das súas decisións conscientes, acaban arrastrados polo azar.
Algunhas das obras máis destacadas do autor son Cortile Cascino, Nothing But a Man ou The Plot Against Harry.
Recoñecemento ao cine rexional indio
Por outra banda, a próxima edición de Play-Doc tamén se poderán visualizar as obras da Film Heritage Foundation (FHF), unha organización sen ánimo de lucro, fundada en 2014 e con sede en Mumbai. A fundación adícase á preservación e restauración do cine indio, especialmente do cine rexional, en risco de desaparecer.
A través do seu traballo, foron rescatadas películas emblemáticas como Ghatashraddha (1977), Ishanou (1990), Manthan (1976) ou Maya Miriga (1984), facendo posible a súa visualización a día de hoxe.
Estas catro obras, de recoñecida relevancia cultural e social, terán o seu estreo español na presente edición de Play-Doc. Os filmes abordan temáticas como o ostracismo dentro da comunidade brahmánica do sur da India; o conflito entre o espiritual e o cotiá na cultura Maibi de Manipu; o xurdimento do movemento cooperativo leiteiro impulsado por Verghese Kurien ou a desintegración dunha familia en Odisha.