sábado, abril 12, 2025
InicioNewsActualidadeBiznaga, Caamaño&Ameixeiras ou Susana Seivane na nova edición do Festival de Cans

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras ou Susana Seivane na nova edición do Festival de Cans

Festival de Cans, que se celebrá entre o 20 e o 24 de maio, contará nesta edición con máis de vinte actuacións musicais, programando as principais para o venres 23 e sábado 24 de maio no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río, o gran epicentro musical e no Torreiro, lugar emblemático da aldea. O certame mantén o seu carácter popular coa entrada libre aos concertos nestes espazos.

No Espazo Estrella Galicia da Leira do Río actuarán o venres 23 de maio Biznaga, un dos grupos do momento, e o sábado 24 de maio, A Banda da Loba a media tarde e Santero y los Muchachos e Serial Killerz como remate.

Torreiro, lugar incónico na aldea, onde se colocan as estrelas dos visitantes ilustres, volverá ser un espazo para actuacións musicais cercanas. O venres 23 de maio, ás 20,00 horas, serán Caamaño&Ameixeiras as que ofrezan o concerto de benvida a Cans.

Polo Torreiro tamén pasarán o sábado 24 na sesión vermú o personal folk dos novísimos Abril e o emblemático grupo de blues Guadalupe Plata.

No espazo Invernadoiro Rei Zentolo de Juan e Mucha do Peso, que combina música e proxeccións audiovisuais, e que só ten un aforo de 100 persoas por actuación, terá lugar
o sábado a performance poética de Lúa Mosquetera xunto cunha retrospectiva dos seus videopoemas.

Outro dos momentos máis emocionantes que se agardan no festival é a actuación da gaiteira Susana Seivane nese mesmo espazo, na que será o seu regreso aos escenarios en Galicia, despois dun ano afastada dos escenarios. Ademais, o Festival de Cans quere sumarse á homenaxe polos seus 25 anos no mundo da música, coa estrea do documental “Son Seivane”, dirixido por Xosé Antón Bocixa.  

O aforo para as actuacións do Invernadoiro é de 100 persoas e as entradas estarán a venda por 7 euros, aínda que o Festival ofrece 30 bonos por 10 euros para asistir a ambos espectáculos. Da oferta promocional de 200 packs de lanzamento que o certame anunciou a semana pasada, só quedan 50 á venda.

A nova escena musical galega terá destacado protagonismo nesta edición. Outra das actuacións musicais estará a cargo de Carabela. Pop, electrónica e música tradicional, cunha orientación cara innovacións vangardistas que poderá gozar o público o xoves na Praza do Concello. DJ Rapante pechará a noite do venres. A viguesa Paula Somoza amenizará con cancións que van dende os ritmos caribeños pasando por xéneros clásicos como funk, hip hop ou disco.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS