Arbo presenta os horarios do seu tradicional «LampreBus«, o servizo especial de autobuses para achegarse á celebración da Festa da Lamprea os días 25, 26 e 27 de abril.
O servizo do «LampreBus» nace en 2019 co fin de «mellorar e facilitar a mobilidade nos días de festa, tanto para os veciños como para os visitantes», manifesta o alcalde de Arbo, Horario Gil.
O «Lamprebus» percorrerá todas as parroquias do municipio de Arbo, así como os Concellos limítrofes de A Cañiza, Crecente e As Neves. O servizo é gratuíto e terá salida o venres 25 de abril ás 17:30h ata o domingo 27 de madrugada, e realizará un percorrido circular «para dar mellor cobertura aos diferentes barrios de Arbo», segundo aseguran dende o goberno local.
As paradas poden consultarse no seguinte cartel, e ademais, tamén serán válidas todas as paradas intermediarias existentes en todas as rutas.
