sábado, abril 12, 2025
InicioNewsExtinguido o lume en Muíños, parroquia de Requiás, que afectou ao Parque...

Extinguido o lume en Muíños, parroquia de Requiás, que afectou ao Parque do Xurés

A Consellería do Medio Rural informa que está extinguido, dende as 17.39 horas, o incendio forestal do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que entrou desde Portugal e que afectou ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Finalmente, e segundo as últimas medicións, a superficie afectada por este lume foi de preto de 2 hectáreas, todas elas de monte raso, dentro deste espazo natural.

O lume chegou á comunidade arredor das 13.20 horas deste mediodía e para a súa extinción mobilizáronse 1 técnico, 2 axentes, 5 brigadas, 3 motobombas, 2 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Do mesmo xeito, toda a información actualizada sobre incendios forestais que alcancen as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS