viernes, abril 18, 2025
InicioNewsTroña, a Pena dos Namorados ou a lenda de Cristiñade, protagonistas da...

Troña, a Pena dos Namorados ou a lenda de Cristiñade, protagonistas da 2º residencia de artistas Artistea

Troña e a historia das súas mulleres, a Pena dos Namorados convertida en banda deseñada, arte gráfica que reflicte a idiosincracia de Ponteareas ou as lendas, tradicións e patrimonio de Cristiñade serán algúns dos contidos sobre os que traballarán as e os residentes da 2ª residencia de artistas de Artistea.

Xurado profesional

O xurado profesional formado pola concelleira de Medio Ambiente, Urbanismo, Axenda 2030, Emprendemento, Innovación e Desenvolvemento Empresarial do Concello de Ponteareas, Silvia Fdez.Táboas; a dramaturga e xestora cultural, Laura Porto, a historiadora de Arte e técnica de procesos de investigación do Museo de Pontevedra, Agar Ledo e o experto en publicidade Óscar Gómez elixiron seis proxectos a desenvolver por oito residentes avaliando e puntuando aspectos como a relevancia da vila no proxecto, o impacto para Ponteareas, as oportunidades que supón a proposta, a súa orixinalidade e técnicas empregadas.

Banda deseñada e documental

Os proxectos de banda deseñada e documental “Ponteareas: historia e tradición”, “Gastarbeiter”, “A fonte da memoria” e “A miña amiga Nantia” serán desenvolvidos polos creativos e creativas: Eva María Agra, Iria Fernández, Raquel Díaz, Iago Pousa,Eva Antelo, Agustín Pousa e Daniel Martínez.

Ao longo de dez días estas e estes creadores traballarán de xeito individual e grupal investigando e coñecendo máis a fondo a vila e interactuando coa cidadanía e colectivos locais nas súas visitas e reunións. Este traballo diario reflictirase nas súas creacións. Tamén estudarán e participarán nunha clase maxistral que este ano impartirá o debuxante Miguel Anxo Prado. 

A alcaldesa Nava Castro e a concelleira Fdez Táboas salienta a oportunidade que supón esta segunda residencia tanto para as e os residentes como para a propia vila, “encher de acción o día a día desta zona de Ponteareas coa capacidade de que o seu efecto se expanda a colectivos, parroquias, lugares fermosos de Ponteareas e lugares ás veces esquecidos e traídos con estes creadores á actualidade son algúns dos beneficios destas residencias que poñen o nome de Ponteareas máis aló da comarca e da provincia”.

Participantes de Ourense, A Coruña, Pontevedra e de outras vilas de fóra de Galicia terán un vínculo común dende xa, arte e Ponteareas como ferramentas para experimentar, crear e crecer. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS