A alcaldesa Nava Castro, o xefe territorial de Educación, César Pérez, e a concelleira de Urbanismo, Silvia Fdez. Táboas, visitaron hoxe o CEIP As Veigas para avaliar xunto á unidade técnica da Consellería a posibilidade, se se autoriza, de ubicar unha unidade de educación especial.
Pendente da aprobación da consellería
A proposta da ANPA Loureiro a nova unidade que atenderá alumnado con necesidades educativas especiais estará na antiga casa do conserxe, se así o aproba o departamento técnico da Consellería. A alcaldesa e o xefe territorial achegaron o seu agradecemento á ANPA pola súa voa disposición e por ceder o espazo que actualmente utilizan para reunirse.
Cinco nenas e nenos poderán estudar nun espazo axeitado ás súas necesidades con profesorado especializado na atención de alumnado con necesidades educativas especiais (NEE).
Concello e Consellería adiantan no compromiso adquirido coas familias para dotar dun novo servizo o CEIP As Veigas no que estudan na actualidade 394 alumnas/os.