viernes, abril 18, 2025
InicioNewsActualidadeJuan Luís Guerra actuará en Sanxenxo no mes de xullo

Juan Luís Guerra actuará en Sanxenxo no mes de xullo

O cantautor dominicano, Juan Luís Guerra, ofrecerá este verán un único concerto en Galicia. O evento terá lugar na Praza do Mar de Sanxenxo e o concerto está enmarcado no festival Son do Mar, organizado por SFX Events en colaboración co Concello de Sanxenxo, Nauta Sanxenxo e co apoio da Xunta de Galicia.

O autor de temas como «La Bilirrubina«, «Burbujas de amor» ou «Bachata en Fuokoka«, entre outras, como «Ojalá que lleuva café» actuará na cidade pontevedresa o vindeiro sábado 19 de xullo.

As entradas saen á venda este mércores 9 de abril ás 18:00h na plataforma de SFX Events, dispoñibles en preventa dende ás 14:00h. O prezo das entradas é descoñecido polo de agora.



مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS