viernes, abril 18, 2025
InicioConcellos +A CañizaInvestigan a un veciño da Cañiza por un presunto delito de furto...

Investigan a un veciño da Cañiza por un presunto delito de furto de cable de cobre

A Garda Civil investiga a un varón de 55 anos, veciño da Cañiza, por un presunto delito de furto de cable telefónico.

A patrulla atopábase realizando unha vixianza rutinaria do núcleo de poboación da Cañiza, cando un furgón branco circulaba pola N-120 a alta velocidade. A Benemérita interceptou o vehículo e procedeu á identificación do conductor. Posteriormente, proceden á revisión da parte traseira do furgón, onde atopan unha gran cantidade de cable de telefonía de cobre.

Segundo explican dende a Dirección Xeral da Garda Civil, o home asegurou traballar nunha empresa que se dedica a realizar traballos co cable de cobre ao ser preguntado pola procedencia do mesmo, mais non puido acreditalo con ningún documento.

A Garda Civil intervén o cable e informa ao acusado de que será chamado a dependencias do Posto da Garda Civil da Cañiza para proceder á súa investigación por un suposto delito de roubo de cobre.

Do mesmo xeito, recóllese unha denuncia presentada polo responsable da delegación dunha empresa de servizo de redes de telecomunicacións recoñecendo que o cable atopado pertence á empresa Telefónica. O valor do cable é de aproximadamente 500 kg e 2.745 euros.

As dilixencias foron entregadas no Xulgado de Guarda de Ponteareas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS