O equipo da Policía Xudicial da Garda Civil de Tui investiga a un varón de 60 anos, propietario dunha estación de servicio da localidade como presunto autor dun delito de usurpación do estado civil.
A investigación nace froito dunha denuncia presentada o pasado 5 de decembro na Garda Civil de Oleiros, na Coruña, relacionada cun suposto delito de usurpación de estado civil.
A persoa denunciante asegurou que foran dadas de alta, sen a súa autorización, catro liñas telefónicas da operadora Grupo Más Móvil a través dos datos do seu DNI. A denunciante detectou o problema tras recibir diversos correos electrónicos por estas altas de teléfonos.
Tras diferentes xestións, compróbase que a activación das liñas foi realizada o 25 de novembro nun establecemento de telefonía de Tui. O equipo da Policía Xudicial de Tui realiza varias pesquisas acerca das altas múltiples realizadas por esta persoa.
Tras a investigación, conclúese que o investigado dera de alta múltiples liñas de teléfono utilizando datos de identidade de outras persoas sen o seu consentimento.
Ademais do uso destas identidades para altas telefónicas, o denunciado tamén empregou números de DNI doutras 31 persoas para dar alta usuarios na aplicación gratuíta da gasolinera, enfocada ao aforro e que funciona como monedero virtual.
A Garda Civil manifesta que o rexistro destas liñas telefónicas a nome de terceiros puido ser realizado co propósito de utilizalas en dita aplicación, co fin de obter un beneficio económico en forma de bonificación comercial, derivado das repostaxes efectuadas por clientes da estación de servizo da que é responsable.
Segundo a información remitida pola marca, a cuantía alcanzaría un total de 8.219,57€. As dilixencias foron entregadas no Xulgado de Guarda de Tui.