O concurso vigués Talent Show Megaestrelas, que corresponde ao anterior pequestrelas, busca servir como plataforma de impulso para artistas emerxentes da cidade e poder descubrir así novos talentos locais.
O certame está aberto a persoas de entre 3 e 30 anos e a inscrición pode realizarse a través do número de teléfono 663 22 06 18. As categorías desta nova edición serán: Baile Grupal Infantil, Baile Grupal Xuvenil, Baile Individual, Parellas ou Tríos; Gañador Absoluto Megaestrelas 2025, Variedades e Cantantes.
Por outra banda, as audicións realizaranse os días 3, 10 e 24 de maio e a final será no Centro Comercial Vialia o sábado 7 de xuño.
A que premios se poden optar?
Os premios aos que poderán optar os concursantes serán: gravacións de videoclips, gravación dun disco, unha mastercalss con Leire Dallas, unha bolsa dun ano de formación no Conservatorio de Mayeusis ou dous días no parque Aventura Rías Baixas con bungalow, kaiak, paseos a cabalo e Grand Prix.