lunes, abril 14, 2025
InicioNewsLuz verde para declarar a Feira dos Remedios, en Ponteareas, Festa de...

Luz verde para declarar a Feira dos Remedios, en Ponteareas, Festa de Interese Turístico en Galicia

O Consello do Turismo de Galicia informou hoxe favorablemente sobre a declaración de festas de interese turístico de Galicia da festa das Carrozas do San Cidre (Boqueixón); da Feira tradicional dos Remedios (Ponteareas); da Semana Santa de O Carballiño (O Carballiño) e da Feira Cabalar do San Martiño de Francos (Teo). Estes expedientes continuarán agora a súa tramitación someténdose á aprobación definitiva por parte do Consello da Xunta de Galicia.

Boqueixón

A festa das Carrozas de San Cidre, en Boqueixón, acumula xa medio século de tradición e mediante a construción de carrozas artesanais pretende poñer en valor os traballos do agro e do rural, así como a gastronomía galega vinculado con estas tarefas.

Ponteareas

A Feira tradicional dos Remedios celébrase en Ponteareas cada mes de setembro e persigue sobre todo fomentar o achegamento ao produto artesán galego ao tempo que divulga os oficios tradicionais.

Carballiño

A Semana Santa do Carballiño comezou en 1893 coincidindo coa fundación da parroquia de San Cibrao do Carballiño. A súa celebración da conta do profundo arraigamento popular en toda a comarca liderada pola Cofradía de la Vera Cruz constituída en 2007.

Teo

A Feira Cabalar de San Martiño de Francos, en Teo, celebrouse por primeira vez en 1557 pero hoxe en día é unha das citas máis importantes para os profesionais do mundo equino. Ademais de poder comprar e vender cabalos, tamén se amosan maquinaria agrícola ademais de artesanía, téxtiles e complementos relacionados coa práctica equina e os produtos da terra de outono.

Órgano de asesoramento

O Consello do Turismo de Galicia é o órgano de asesoramento, apoio e proposta para os asuntos referidos á ordenación, promoción, fomento e desenvolvemento do turismo. Está composto por representantes das consellerías en materia de infraestruturas, sanidade, economía, medio rural e cultura. 

Tamén representantes das administracións locais propostos pola Federación Galega de Municipios e Provincias, as universidades galegas, así como representantes de establecementos hoteleiros, de restauración, turismo rural, axencias de viaxes, cámpings, guías de turismo, ademais de representación das organizacións sindicais, asociacións de consumidores e usuarios, entre outras. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS